Conxuros de Samaín contra a COVID

  


"Si a tus manos ha llegado este conjuro errante

ya no tendrás que usar más desinfectante; 

pués si algo de COVID quieres evitar

la siguiente fórmula mágica has de realizar.

En una hoguera debes colocar 

cuatro ramas de abeto

y de pino una, nada más;

y cuando el humo se empiece a elevar

en dicha hoguera debes arrojar:

diente de ajo, piel de sandía,

cuerno de toro, una castaña galeguiña,

ojo de sapo hecho al baño maría

y, para acabar, una mascarilla.

Escapa de allí, porque puede explotar;

sal al pueblo y como acto final:

ve y abraza a alguien aunque se pueda enfadar, 

coge una gripe, te puede ayudar;

tócalo todo sin usar hidrogel,

del cielo caerá escrito el hechizo en un  papel.

Ahora corre, vuelve a la hoguera,

antes de que se pague, grita como quieras

el verso que el señor te ha mandado en este escrito

para que puedas ya olvidarte del odioso coronavirus".

Este xenial conxuro, realizado por Ariadna Valdés, alumna de 4º ESO, é un dos moitos conxuros que se presentaron ao concurso organizado pola Biblioteca. Nel, participaron alumnos de toda a ESO. Destacamos o éxito desta actividade entre os novos alumnos que chegaron ao centro este ano (1º ESO) e mostra diso é o seguinte conxuro de Nuria Fernández, alumna de 1º ESO:

"Bacterias, gripes y virus

el año 2020

ha sido el del coronavirus.

Pócimas, ensayos y vacunas

quién será el valiente

que se la ponga en ayunas?.

Para pronto poderse curar

un remedio enseguida habrá que encontrar.

Queremos volver a la normalidad

por eso la masacarilla

debemos usar con continuidad.

Lavarnos las manos

y guardar la distancia de seguridad.

Deseando que el próximo año

podamos respirar con libertad".

 
























Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador


SAMAÍN 2020. REFLEXIONANDO

Por que en todas as culturas hai un día en honor aos mortos?.


 Este foi o gran interrogante que dende Bibliocabe prantexamos aos nosos alumnos de 4º ESO e BAC. Algunhas das respostas que atopamos nas súas interesantísimas reflexións foron: 

  • Porque nos aterra a morte e pensar que todo pode rematar dun momento a outro.
  • Porque así aliviamos a pena e dor pola perda dun ser querido.
  • Porque así amosamos respecto á morte ao lembrar aos nosos seres queridos, pero tamén celebramos a vida.
  • Porque estas celebracións son un elemento fundamental de cohesión: así nos aseguramos de que o morto non desaparece, senón que continúa na sociedade.
  • Porque nestas celebracións únse a familia ese día e hónrase a vida que tiveron os defuntos, ...

De seguido, tedes as respostas íntegras dos rapaces.

 


























Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador

Samaín 2020

 Achégase o Samaín e ainda que non o podemos celebrar como nos gustaría debido á COVID, en Bibliocabe temos moitas sorpresas. Aquí tedes un adianto.

 


Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador


Regueifando con Alba María en 3º ESO A e 3º de PMAR

Despois do éxito obtido cos alumnos de 3º ESO B, chegoulles o turno aos de 3º ESO A e 3º de PMAR. Os rapaces riron, discorriron, traballaron e finalmente, como non, fixeron a súa propia regueifa. O éxito obtido por Alba María foi tal que agardamos que deste grupo saian nov@s regueifeir@s.

Grazas Alba María, polo teu magnífico traballo, pola túa simpatía e por esa conexión tan especial que tiveches cos nosos rapaces. Agardamos poder disfrutar da túa presencia en máis ocasións.









 


 
Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador

Regueifando con Alba María Rodríguez. 3º ESO B

 Este venres 23 de Outubro poidemos contar na nosa biblioteca coa regueifeira Alba María Rodríguez. Cantante, productora e improvisadora oral galega dende os 13 anos desenvolve unha intensa actividade no campo de Regueifa.

Colabora co proxecto Regueifista na introducción da regueifa no ámbito educativo. Precisamente iso é o que estivo a facer no IES Río Cabe.

 

Alba é tamén autora da obra Regueifa en Bergantiños (2017). Preguntarédevos que é unha regueifa.

Unha regueifa é un diálogo cantado, improvisado, no que a ironía, o "pique" e o bon humor son esenciais. No seu inicio, os temas centrábanse en disputas persoais, pero actualmente abondan asuntos de actualidade; iso si, en forma de catro versos de oito sílabas cada un con rima no segundo e no cuarto.

De seguido podedes asistir ao obradoiro de 3º ESO B así como escoitar a regueifa por eles creada e que pretenden convertir no himno da súa clase.







 
 
 
Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador

 



Regueifas en Bibliocabe

 O próximo venres 23 de Outubro, na nosa biblioteca terá lugar un obradoiro de regueifas a cargo da regueifeira Alba María Rodríguez. Trátase dunha actividade realizada en colaboración entre Normalización Lingúística, Vicedirección e a Biblioteca.

Agardamos que disfrutedes arreo deste obradoiro.

Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador


Nove meses, nove escritoras galegas. Francisca Herrera Garrido

 Continuando co proxecto iniciado o mes pasado, presentamos á escritora Francisca Herrera Garrido, primeira muller elexida Académica na Real Academia Galega. 

Animámosvos a coñecer a obra desta alumna e amiga de Rosalía de Castro. Seguro que faredes un agradable descubrimento.


 
Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador