“How to Live in the Age of A.I.”

 Dende a Biblioteca, o Departamento de Debuxo e Dinamización queremos sensibilizar sobre o scroll infinito nas redes sociais e sobre como este consumo automático de contido pode facernos perder tempo, dificultar o descanso e afastarnos do momento presente. A proposta, que parte de Anabel (membro do Equipo da Biblioteca e profesora de Debuxo), busca reflexionar sobre outras formas de empregar ese tempo e fomentar un uso máis consciente e saudable da tecnoloxía.

A actividade está inspirada na imaxe “How to Live in the Age of A.I.”, de Gautami Reddy, adaptada á nosa realidade e contexto lingüístico. A idea é que o alumnado propoña, mediante debuxos, frases ou pequenas creacións, alternativas ao scroll infinito.
 
 



Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador

 
 

0 comentarios: