Este curso, para traballar o 8M, a Biblioteca e o EDLG do noso IES, escollemos a canción "Matriarcas" de Guadi Galego e preparamos unha actividade para que todo o alumnado da ESO reflexionase sobre a importancia da muller no día a día. Agradecemos, de antemán, aos titores e titoras da ESO a súa colaboración para levas a cabo a proposta nas horsa de titoría.
A actividade comezaba cun ditado musical da canción "Matriarcas", de Guadi Galego. Tras escoitar un par de veces a canción para encher o ocos que faltaban (e traballar, así, un pouquiño de vocabulario), estableceuse en cada aula un diálogo para reflexionar sobre o contido da canción e, finalmente, cada alumno pensou na súa propia matriarca destacando por que a muller escollida era importante para él: sairon nais, irmás, amigas, avoas, profesoras... A visibilización de todas esas mulleres anónimas converteu a entrada do noso centro nunha emotiva parada que pon en valor ás tan necesarias brillantes activistas da vida cotiá.
Deixámosvos aquí algunhas imaxes do resultado final.
0 comentarios:
Publicar un comentario