Dous membros do Equipo da biblioteca tivemos o inmenso honor de compartir con Loli Rodríguez a
presentación do seu libro Nailía, o día 5 de Decembro no Ateneo Casino de Monforte de Lemos.
Esta obra gañou o Premio Torrente Ballester de Narrativa en Lingua Galega, convocado pola Deputación da Coruña 2024. Dende a súa publicación pola Editorial Galaxia acadou a súa terceira impresión en Xaneiro do 2026. Pola calidade da obra,pola sensibilidade e mestría da autora auguramos que haberá moitas máis impresións.
Nesta presentación, Loli desvelounos a súa paixón pola escrita, ela mesma nos dí:
" Sentín sempre a necesidade vital de escribir, de pecharme na habitación (que compartía coas miña nai) a ler e escribir desde ben pequena. E lía para miña nai. Lembro lerlle a Bécquer e a Miguel Hernández. Pero esa pulsión, esa necesidade de escribir era algo íntimo, algo persoal, que non mostraba. Xa de adulta, contadas persoas sabían que eu escribía e por iso todo o mundo se sorprendeu ata os máis achegados"
Falamos de que Nailía é unha historia de "historias·, na que este personaxe é o eixo vertebrador da obra. Pero, tamén de que ademáis da historia de Nailía (muller valente, sabia, loitadora,acolledora, amorosa, divertida) atópase a de persoaxes como Ricardo, as dúas Marías, Secundino, Simple, Antón, Manolo,Candela, Sara, Xulia, Edana...
Estamos ante una obra de superación, de amor en sentido amplo xa que Nailía e amor, superación, sabedoría, Nai. Tamén nos transmite unha mensaxe moi positiva: a vida pode poñernos na peor das situación, pero si temos un porqué para saír adiante atoparemos o cómo,
Pero tamén estamos ante unha obra que non deixa indiferente a ninguén xa que pon enriba da mesa temas controvertidos como: o estigma das enfermidades mentais, o sexo na terceira idade, formas "alternativas de sexo", a emigración, os abusos dos nenos no seo da familia, a reivindicación da sabedoría popular fronte á "oficial"....
Pola maestría da autora que non enfeitiza coa su forma de escribir (chegándonos ao máis profundo), pola variedade de temas e a sensibilidade coa que os trata, estamos ante unha obra magnífica e unha escritora excepcional que será alguén moi importante nas nosas letras. Agardemos que cambie o criterio de estar finado para adicar o día das Letras Galegas a un autor/a. Loli Rodríguez é unha seria unha seria candidata!
Publicado por Flor R.Lemos e Xurxo R. Labrador









0 comentarios:
Publicar un comentario