Este ano, dende a Biblioteca, decidimos adicar este mes do terror, dos medos, do máis alá a unha figura mítica: Tim Burton. A nosa compañeira do equipo da Biblioteca, profesora de plástica e Pintora, baseándose na súa película A noiva cadáver, pediulle aos seus alumnos que fixeran debuxos onde se reflectise o universo deste afamado director de cine. Como sempre a resposta foi espectacular. Graciñas, Anabel por este magnífico traballo e por esta orixinal idea. E un auténtico luxo contar contigo no Equipo da Biblioteca!
Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo Labrador


























0 comentarios:
Publicar un comentario