Hoxe o alumnado de 3º de ESO participou noutra actividade relacionada con Plan Proxecta Patrimonio Etnográfico da Ribeira Sacra, no que está a traballar.
Contamos na nosa Biblioteca coa presenza de Manuel Lara, presidente da Asociación Buxa, que promove a conservación, estudo e divulgación do patrimonio industrial galego. Nunha pequena charla falou de cómo evolucionou a actividade industrial en Galicia desde o século XVIII, facendo interesantes referencias a Monforte.
Fixo mención especial ás Minas de Freixo, xa coñecidas no século XV, aínda que a súa explotación non adquiriu importancia ata principios do XX, cando o ferro extraído se exportaba a Alemaña.Hoxe destas instalacións mineiras consérvase moi pouco.
A charla estivo seguida dunha entrevista dos nosos reporteiros de Bibliocabe.
0 comentarios:
Publicar un comentario