Ante os desastres das guerras, fagamos unha REVOLUCIÓN. Pacífica!

 Co gallo do día da Paz, dende Bibliocabe, propoñemos que ante a barbarie das guerras, toda a comunidade educativa ideemos unha Revolución, pacífica, iso sí.

As nosas fontes de inspiración son dúas:

    A revolución dos Cravos en 1974 Portugal. A Revolución dos caraveis  foi un levantamento militar pacífico liderado polos militares chamados capitanes de abril, para dar un golpe de Estado que sepultou o fascismo nese país. Este alzamento marca o inicio do proceso que levará a Portugal ás súas primeiras eleccións democráticas libres un ano despois, e á restauración da democracia tras medio século de ditadura.





    Polonia, a alternativa laranxa. Xorde como protesta pacífica contra o dominio soviético. En Breslavia grupos de protesta pintaban paredes con slogans de denuncia e que chamaban á revolución, os responsables eran encarcelados e o réxime borraba as pintadas.

Os integrantes da alternativa laranxa decidiron volver a pintar pero con lemas absurdos e gnomos con gorros laranxa e unha flor. Xunto ao gnomo aparecían frases absurdas como: "Papá Noel foi secuestrado, lilberémolo".

Como as pintadas e os lemas eran tan surrealistas non podían deter a ninguén. O movemento volveuse popular e comezaron manifestacións con todo o mundo poñendo gorros laranxas e lemas absurdos.

Este foi o xerme do movemento "Solidariedade" e da chegada da democracia a Polonia. 

Os gnomos de Breslavia simbolizan o cambio a través da Revolución Pacífica.









Para realizar a nosa Revolución, pedímosvos:

-Facer gnomos con reivindicacións.

-Escribir textos nos que ideedes xeitos de acabar coas guerras o de recuperar o que elas nos quitan

-Facer pancartas con lemas do tipo: "secuestraron a Solidaridade"....

Xuntos podemos encabezar unha Revolución!!!!


Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrado

0 comentarios: