MES DOS DEREITOS HUMANOS. Exposición: "Aqueles que non poden lembrar o pasado están condeados a repetilo" (Santayana)

 O preámbulo da Declaración Universal dos Dereitos Humanos é un pronunciamento de boa vontade de todas as persoas que nese momennto se sentiron aterrorizados polas consecuencias da II Guerra Mundial. Expresa a necesidade da solidaridade internacional e da unión de todos os seres humanos para combatir a violencia.

A Declaración foi a resposta aos berros da vítimas de Auschwitz e de Nagasaki. O holocausto e a bomba atómica puxeron de manifesto que o ser humano acadara un nivel tecnolóxico capaz de destruir a humanidade e o  planeta que habitaba, e ademáis que estaba disposto a facelo.

Como  di o filósofo Santayana :"aqueles que non poden lembrar o pasado están condeados a repetilo", por iso, dende Bibliocabe consideramos que xamáis podemos deixar de lembrar. Este é o motivo desta pequena exposición.

 



 


 


Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador
















Auschwitz-Birkenau no cine

 Dende Bibliocabe, ademáis das lecturas que recomendamos, tamén vos animamos a pasar unha fin de semana de reflexión. Seguro que tras ver algunha das seguintes películas, a vosa visión do que aconteceu e está a acontecer no mundo vai cambiar. Tamén vos daredes conta de que, por desgraza, a realidade supera a peor ficción.


Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador

Nunca máis! Sempre respectando os Dereitos Humanos.

 Aínda que publicada no 1948, a Declaración Universal dos Dereitos Humanos e o seu cumprimento continúa a ser imprescindible para un mundo no que reine a paz, dignidade, xustiza, liberdade...

Como di ao inicio do seu preámbulo:

"A liberddade, a xustiza e a paz no mundo teñen por base o recoñecemento da dignidade intrínseca e dos dereitos iguais e inalienables de tódolos membros da familia humana

O descoñecemento e o menosprezo dos dereitos da persoa orixinaron actos de barbarie aldraxantes para a conciencia da humanidade; proclamouse, como a aspiración máis elevada da persoa, o advento dun mundo no que os seres humanos, liberados do temor e da miseria, disfruten da liberdade de palabra e da liberdade de crenzas. (...)

Entre estes actos de barbarie aldraxantes para a conciencia da humanidade, e que por desgraza poden repetirse, está todo o acontecido nos campos de concentración-exterminio. Este ano ímonos centrar en Auschwitz, nun intento de non esquecer para non repetir. Nunca máis!

E para non repetir nin esquecer, nada mellor que o coñecemento. Este é a razón das recomendacións lectoras que este ano facemos con motivo do 10-D

 


  

Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador