Catorce murais que o pintor Francisco de Goya creou como decoración dos muros da súa casa, a Quinta do Xordo, tamén chamadas pinturas negras, serviron este ano de inspiración para a interesantísima actividade que grazas ao Departamento de Plástica, coa colaboración da Biblioteca, Normalización e distintos Departamentos realizaron os rapaces polo Samaín.
El Aquelarre, Saturno devorando a un hijo, Duelo a garrotazos....levaron aos rapaces a debuxar e describir o que estas obras lles transmiten. Pánico, agresividade, violencia, horror, pánico, terror, lúgubre, maldade, medo, dor, fereza, odio, crueldade, atrocidade, sufrimento, ansiedade, ira, arrepío.. foron as emocións que estas obras lles provocaron e que intentaron plasmar maxistralmente en imaxes e con palabras.
Parabens, a Anabel Álvarez promotora desta impresionante e terrorífica actividade e aos rapaces!. Anabel: Grazas, grazas e mil grazas por todas túas desinteresadas e magníficas colaboracións!
0 comentarios:
Publicar un comentario