Cadeiras contra a Violencia de Xénero

 Inspirándonos no Monumento das Cadeiras, que se atopa na praza Bohaterów (praza principal do gueto de Cracovia), no que cada cadeira simboliza a 1000 xudeos que perderon a vida a mans dos nazis, este ano en Bibliocabe, decidimos facer o noso propio "monumento das cadeiras"

As nosas cadeiras, baleiras, tapadas cun lenzo e con obxectos de muller, simbolizan a esas mulleres que durante este 2024 perderon a vida vítimas da violencia machista. Simbolizan o baleiro que deixan, o sinsentido, a sin razón, en definitiva: a barbarie.
Cada cadeira representa a 5 mulleres













Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador

 


 

 

 

 

0 comentarios: