Este Xoves , o Xornal O Progreso estivo en Bibliocabe a entrevistar aos profesores que do General Lyceum de Nigrita (Grecia) que nestes días visitan ao noso centro dentro do programa Erasmus +. Na entrevista saliantaron positivamente a cantidade de proxectos nos que participa o centro así como a motivación e participación dos nosos alumnos.
George, Stella e Foteini visitaron a nosa Biblioteca e quedaron abraiados pola súa actividade e pola cantidade de obras coas que contamos. Eles mesmos elixiron a Biblioteca como lugar onde facer esta entrevista na que tamén participou Temi Madarnás, profesora coordinadora do proxecto no noso centro. Grazas pola vosa visita e por elixir o Río Cabe para o voso intercambio!
0 comentarios:
Publicar un comentario