Econtro con Arantza Portabales sobre Beleza Vermella.

 Onte tivemos o privilexio de contar con nós á gañadora do Premio dos Clubs de Lectura 2024, Arantza Portabales.

Bibliocabe e o seu club de lectura Balbordo celebramos este premio con ledicia, entusiasmo e case como éxito propio, xa que Arantza é unha das escritoras favoritas e habituais en Balbordo.

Como non podía ser doutro xeito impoñíase unha cea e un brindis polos seus logros presentes e futuros. Parabéns, Arantza!!!!!!


Con Arantza falamos de Beleza Vermella, dese crime de círculo pechado tan Agatha Christie, das súas personaxes: Xiana, Lía, Sara, Aurora, Teo, Amalia, Inés, Fernando......e, como non de Abad e Barroso. Fixemos fincapé sobre a relación amor-odio (amorodo, amorodio) ,que sobrevoa toda a obra, por parte das xemelgas (sobre todo, de Sara). Sinalamos o aspecto tan visual e artístico da obra, fundamentalmente na escea do crime e, en xeral en toda a súa obra. Mencionamos a obra de Celeste Garrido, que se atopa detrás dos zapatos con espiñas e da instalación do vestido de noiva sobre un circulo de xelatina de fresa........Falamos, falamos....e quedou moito por dicir.

Por iso convencemos a Arantza para outra reunión, ésta en Compostela e con rapaces, para seguir afondando na súa obra.

Grazas, Arantza pola túa xenerosidade, disponibilidade, simpatía, amabilidade e, sobre todo, por ser quen de escribir obras que non es capaz de deixar de ler e que só cando as rematas decátaste que liches 415 páxinas dun tirón!!!! 

 Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador

0 comentarios: