Econtro con Arantza Portabales sobre Beleza Vermella.

 Onte tivemos o privilexio de contar con nós á gañadora do Premio dos Clubs de Lectura 2024, Arantza Portabales.

Bibliocabe e o seu club de lectura Balbordo celebramos este premio con ledicia, entusiasmo e case como éxito propio, xa que Arantza é unha das escritoras favoritas e habituais en Balbordo.

Como non podía ser doutro xeito impoñíase unha cea e un brindis polos seus logros presentes e futuros. Parabéns, Arantza!!!!!!


Con Arantza falamos de Beleza Vermella, dese crime de círculo pechado tan Agatha Christie, das súas personaxes: Xiana, Lía, Sara, Aurora, Teo, Amalia, Inés, Fernando......e, como non de Abad e Barroso. Fixemos fincapé sobre a relación amor-odio (amorodo, amorodio) ,que sobrevoa toda a obra, por parte das xemelgas (sobre todo, de Sara). Sinalamos o aspecto tan visual e artístico da obra, fundamentalmente na escea do crime e, en xeral en toda a súa obra. Mencionamos a obra de Celeste Garrido, que se atopa detrás dos zapatos con espiñas e da instalación do vestido de noiva sobre un circulo de xelatina de fresa........Falamos, falamos....e quedou moito por dicir.

Por iso convencemos a Arantza para outra reunión, ésta en Compostela e con rapaces, para seguir afondando na súa obra.

Grazas, Arantza pola túa xenerosidade, disponibilidade, simpatía, amabilidade e, sobre todo, por ser quen de escribir obras que non es capaz de deixar de ler e que só cando as rematas decátaste que liches 415 páxinas dun tirón!!!! 

 Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador

CONVOCATORIA CONCURSO DE MICRORRELATOS LETRAS GALEGAS 2024.

 En colaboración co Equipo de Dinamización da Lingua Galega, convocamos un concurso de microrrelatos Letras Galegas 2024. De seguido tedes as bases. Agardamos que, coma sempre participedes . Estamos desex@s de ler as vosas historias!!!!


 Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador

Filmando Brindos en Bibliocabe.

Tradición popular,improvisación, canción, mensaxes...todo isto caracteriza aos brindos. A nosa compañeira Sara Porrit organizou un Club de Brindo e Improvisación no Río Cabe, o seu éxito é tal que os nosos brindeiros chegaron ata Igorre, no País Vasco. Os vídeos e os brindos foron ensaiados e gravados na Biblioteca. Agardamos que vos gusten. Noraboa a tod@s, especialmente a Sara polo seu maravilloso traballo.


 
 
 Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador

Mes do libro: Prensa Literaria Creativa

 Con noticias cómicas dos nosos referentes literarios, os rapaces participaron na divertida actividade de prensa literaria creativa e cómica. Nos seus traballos aparecen desde anuncios onde Alcahueta Celestina nos ofrece a lectura do tarot, embruxos e amarres ata outros onde a célebre escola de D. Alfonso X o Sabio busca traductores.

Non faltan sucesos delirantes como no que Frai Luis de León se convirte nun recoñecido e perigoso haker ou o Arcipreste de  Hita no Casanova da súa época.

Graciñas a nosa colaboradora e membro do Equipo da Biblio, Fe Cortiñas, por esta divertidísima e orixinal actividade.


 
 Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador

Mes do libro: Taller de Apólogos e Sentencias.


 Este curso, no mes do libro, dende BiblioCabe, quixemos rendir unha homenaxe ás Escolas de Traductores Medievais polo seu labor de crear unha senda de integración e colaboración que abraia ao mundo.

Con esta maravillosa e orixinal idea da nosa compañeira Fe Cortiñas, membro do Equipo da Biblioteca e profesora de Castelán, realizamos un Taller de Apólogos e Sentencias. Graciñas miles a Fe, así como a Ángeles polas preciosas flores que contribúen á decoración neste mes inicio da primaveira. Graciñas miles ás dúas!!























Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador