Día da paz e a non-violencia. Peace, please.

Un ano máis,neste día as nosas accións van encamiñadas a por a lupa nalgún conflito bélico (este ano no conflito palestino-Israelí), así como en pedir, berrar, e mesmo esixir que cesen todas as hostilidades no mundo.

Fixemos Cartas dende Gaza, escribimos Memorias dun secuestro, berramos Non a Guerra, debuxamos as miserias destes conflitos, fixemos unha exposición sobre o conflito Palestino-Israelí. E, sobre todo pedimos: peace, please

Queremos dar as grazas a Cristina Ouro, profesora de Plástica e membro do Equipo da Biblioteca, así como aos alumnos que ilustraron esta dolorosa situación. 




Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador
 

 


0 comentarios: