Namorándonos de Angola e das súas xentes. Bibliocabe loves a Biblioteca do centro Ondjango Yapongololi de Angola

 Na actividade , proposta por Bibliocabe, de fotos de amor con mensaxe tivemos a inmensa sorte de poder colaborar co centro Ondjango Yapongololi de Angola onde nestes intres se atopa a nosa compañeira Carmen Esperante.

Neste centro para xoves de 16 a 29 anos promóvese a formación con actividades como:cursos. deportes, "workshops" como o que se está a desenvolvre ahora sobre "Falar en público" que está a ter moitísmo éxito. Tamén contan cunha biblioteca pequeniña onde se poden prestar libros e usar 3 PCS e 4 tablets por espazo dunha hora ou usar a wifi. Iso permite o acceso ás redes sociais, qué é  o máis valorado, que pouca xente ten internet.

Fainos especial ilusión realizar unha actividade conxunta, de biblioteca a biblioteca, con este centro tan especial para Nós. Graciñas a Carmen Esperante e a Daniela Cambongue por facer que esta iniciativa fose posible a pesar das dificultades de comunicación coas que vos atopástedes. GRACIÑAS

Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador



0 comentarios: