Instalación "As portas violetas"

Unha preciosa  porta violeta entreaberta  da que saen paxaros, frores, liberdade, felicidade, ledicia, xunto cun impactante óleo dunha muller, así como decenas de portas violetas, compoñen a instalación que temos nos corredores que levan á Biblioteca.

Dende Bibliocabe queremos agradecer a colaboración de: Alba Sánchez, profesora de plástica e colaboradora habitual por esa porta chea de luz e optimismo, Lucía de la Iglesia, alumna e tamén colaboradora habitual, polo seu impresionante óleo, aos integrantes do TIL, aos responsables de Normalización Lingüística, ao Departamento de Francés (en especial a Pilar), aos Departamentos de Castelán, Galego, Filosofía, Física e Química (por montar toda a instalación) ..... e, como non ,a todos os nosos alumnos sempre tan entusiastas e colaboradores. Grazas a todas/os










Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador



0 comentarios: