Nove meses, nove escritoras galegas. Eli Ríos


Para este mes de Abril, recomendamos a obra doutra "amiga" de Bibliocabe, Eli Ríos. 

O pasado curso 2019/20 disfrutamos con ela de 2 seminarios de microrelatos da igualdade. Eli axudounos a desmitificar e facer unha lectura en clave de igualdade de obras como "Harry Potter", "Cenicienta", "Xogo de tronos", ....

Por todo o anterior e pola súa indiscutible calidade literaria animámosvos a descubrir a súa obra, dende "Marta e Pintega", pasando por "Remexido de patacas" e "María Victoria  Moreno" ata obras conmovedoras como "Luns", onde unha  muller de éxito recibe un luns un diagnóstico de cancro de mama no que apenas ten dous meses por diante. 

Tampouco nos deixará indiferente o "Ceo das reixas", onde recrea o ambiente carcelario a partires de protagonistas femininas. Pola súa parte "DX" faranos reflexionar sobre a sumisión a un sistema baseado no poder dos cartos, sobre  a cobiza intrínseca á condición humana, sobre a rebeldía, a culpabilidade, ...

Dende logo razóns non nos faltan para recomendarvos que leades e releades toda a obra desta autora.


Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador

0 comentarios: