Nove meses, nove mulleres. Montse Fajardo

Tras asistir o pasado curso á obra teatral "Invisibles", baseada no texto homónimo de M. Fajardo, este ano recomendámosvos que vos adentredes na obra desta comprometida xornalista e escritora. As súas obras non deixan indiferentes a ninguén. 

Non só vos animamos a leer "Invisibles" (relatos do maltrato), ou "Matriarcas" (Testemuñas de dez mulleres galegas que sacaron adiante ás súas familias na posguerra), senon tamén "Un cesto de mazás".

Como as obras de Fajardo, "Un cesto de mazás" é unha obra dura xa que nos fala das víctimas do 36 e do tempo que veu, fala de foxas, batallóns, cárceres e exilio. Nela, pretende recuperar a voz das víctimas directas e das colaterais xa que como ten afirmado a autora "detrás de cada persoa fusilada ou asesinada nunha cuneta, hai un ronsel doutras víctimas que moitas veces nen sequera son consideradas como tal".

 



Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador

0 comentarios: