Este Samaín, no que debido Á COVID, non podemos ver todos xuntos películas de terror na Biblio, comer horripilantes chuches, e berrar ata quedar sen folgos, non por iso deixamos de recomendarvos seguir coa nosa tradición. Iso sí, este ano na vosa casa, en familia e arroupados por unha manta.
Deseguido, deixamos algunhas recomendacións. A maioría atoparédelas na rede.
- La campana del infierno. Esta peza de terror psicolóxico ten á Santa Compaña como telón de fondo. É unha película maldita xa que o seu director matouse ao caer do camposanto da igrexa de San Martiño en Noa, onde se estaba a rodar.
- Romasanta. Inspirada na lenda do home lobo de Allariz.
- Lobos de Arga. Relata como un escritor e o seu editor atópanse na Galiza rural onde se enfrontarán a maldicións centenarias, rituais escuros, e mesmo a un pobo enteiro de homes lobo. Pódese ve en Filmin.
- Os difuntos falaban castelao. Esta curta transcorre na noite de difuntos, cando os veciños dunha aldea comezan a escoitar voces dende o cemiterio que falan en castelán. Está inspirada en Á lus do candil de Anxel Fole.
- Limbo. Esta obra conta a historia de Xosé, un home que, incapaz de aceptar a nova realidade da súa vida, remata caendo nunha espiral de autodestrucción pola que arrastra á súa muller e á súa filla. Limbo estivo nominada en 140 festivais arredor do mundo. Actualmente está nominada ao Méliés d´or e calificada para os premios Goya 20/21.
Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador
0 comentarios:
Publicar un comentario