COACHING EDUCATIVO NA BIBLIOTECA


O pasado 20 deste mes tivemos a sorte de contar na nosa Biblioteca coa presenza de Manel Trenchs i Mola. Este profesor de Historia da Arte na Escola Pia Santa Anna de Mataró, membro de “Flipped Learning Network”, do Remind TAB (teacher advisory board)..... ademáis de finalista ao  premio Mellor docente de España 2017, impartiu unha xornada completa (de mañá e tarde de Coaching educativo).
Nesta intensa xornada descubrimos, entre outras moitas cousas, que o “Eduktransformer” é aquel que pon a  “aula ao revés”. Tamén aprendemos que  co flipped classroom, este @eduktransformer xera novas realidades e estrategias educativas que o converten no cambio que queremos ver no mundo. Pero, sobre todo fomos conscientes de que para innovar hai que ter ganas de saír da zona de confort. Con el chegamos tamén ao convencemento de que é fundamental combinar o esforzo co pracer (“No pain no gain”) e que as TIC son vitais na educación do século XXI.





Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador

0 comentarios: