Unha viaxe por lugares emblemáticos da Ribeira Sacra
acompañada da lectura de autores da zona, ou que fixeron parte da súa vida
nela, é a proposta da nosa Biblioteca para celebrar o Día das nosas Letras.
Grazas a unha exposición realizada por alumnos e
dirixida pola súa profesora de Galego Tania Vázquez García podemos explorar
paisaxes de ensoño. Asimesmo a lectura de obras de Teresa Moure, Olga Novo,
Lois Pereiro, Manuel María, Antón Lopo........acompañan esta inesquecible
experiencia.
Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador
0 comentarios:
Publicar un comentario