Continuando coas actividades relacionadas co tema
deste ano dos Dereitos Humanos, a Biblioteca do centro organizou unha
exposición sobre o fotógrafo catalán Francisco Boix, prisioneiro do campo de
concentración de Mauthausen (tristemente coñecido como “o campo dos españois”).
Boix, que sobreviviu ao campo de exterminio, conseguiu
rescatar un arquivo fotográfico que reunía miles de fotografías tomadas polos
propios oficiais e gardiáns. Estas fotografías serviron como probas
incriminatorias nos Xuízos de Nüremberg. Súa é a coñecida foto da pancarta na
que se acolle aos americanos, “Os españois antifascistas saúdan ás forzas
liberadoras”, colocada sobre a entrada ao campo central.
Grazas ao seu traballo púidose coñecer a historia de
españois, combatentes no bando republicano na Guerra Civil, que foron apresados
polos nazis tras a invasión alemana de Francia, unha historia de sufrimento,
horrores, traballos forzados na canteira, exterminio masivo.....
A exposición, que se atopa no centro desde o mércores 6 ata o venres 15, foi cedida pola Asociaciónpara a Recuperación da Memoria Histórica (ARMH). Desde a Biblioteca do centro queremos
agradecer a axuda prestada polos membros desta asociación: Carmen García
Rodeja, Miguel Bugliot, Mónica Rasgo e María Valcárcel.
Durante estes días, a exposición estará aberta ao
público en xeral. Todos os nosos alumnos realizaran unha visita guiada por
varios profesores.
Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador
0 comentarios:
Publicar un comentario