Dende a Biblioteca, este curso imos dedicar os actos de conmemoración do Día dos Dereitos Humanos a Mauthausen. Con este motivo, organizamos un concurso de cartas, "Cartas dende Mauthausen", onde os nosos alumnos fixeron o esforzo de porse no lugar deses outros españois que sofriron todo tipo de calamidades neste campo de exterminio.
Algunhas destas cartas (recibimos en torno a 70), están expostas no noso centro, xunto a un espectacular e escalofriante cartel realizado polo alumno de 1º de BAC, Alejandro García.
Esta é unha das actividades previstas para conmemorar dito día. Outras terán lugar ao longo do curso.
Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador
0 comentarios:
Publicar un comentario