ESTRELAS QUE FIXERON E FAN HISTORIA

Falar de Clara Campoamor, Hipatia de Alexandría, Margarita Salas. Virginia Woolf, Maryam Mirzakhani, Valentina Tereshkova, Malala Yousafzai……., é falar de mulleres brilantes, decididas, intelixentes, valentes, pioneiras… Por este motivo, dende a Biblioteca do IES Río cabe celebramos o día da muller cunha exposición sobre estas heroínas. A exposición, realizada polos membros do equipo da Biblioteca, Xurxo Labrador e Flor R. Lemos consta dun gran póster no que aparecen estas “estrelas” nunha galaxia( a galaxia das mulleres) e de imáxenes de cada unha cos seus logros máis unha frase. O Río Cabe está estes días máis brilante e luminoso con elas!

Música cedida por The Poet´s Silence. Grazas por permitirnos disfrutar do marabilloso tema, Sons.

Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador 

0 comentarios: