25 de Novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero Instalación: "O Cubo"



O alumnado de 3º PMAR dirixido polo profesor da materia de Educación Plástica e Visual, Manuel Sánchez Seco, realizou unha instalación na entrada do centro baixo o título de  "O Cubo". O proxecto forma parte das actividades que a biblioteca escolar leva a cabo para visualizar a conmemoración de datas significativas como o 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero.
¿En que consiste a instalación? Colocouse no vestíbulo, zona de paso, un enorme cubo feito de cartón reciclado e pintado de cor violeta. Na parte exterior do cubo aparecen debuxadas as siluetas de tres mulleres ocupando tres das súas caras. Na cuarta, colocouse unha entrada ao interior do cubo. Ao redor das siluetas pegáronse copias de portadas de libros, películas e anuncios publicitarios que proxectan unha imaxe da muller como obxecto e unha falsa idea das relacións afectivas. No interior do cubo, pintado de negro, o visitante atópase cunha realidade ben distinta, pois nas súas paredes aparecen as pegadas da violencia de xénero reflectidas na prensa diaria. Pasamos dunha visión idealista e falsa da muller e do amor no exterior, a unha visión realista e cruenta  da muller e das relacións amorosas.
Trátase de empatizar coas vítimas da violencia de xénero poñéndonos no seu lugar por uns instantes.

















Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador

0 comentarios: