Viktor Frankl afirmaba "se non está nas túas mans cambiar unha situación que te produce dor, sempre poderás escoller a actitude coa que afrontes ese sufrimento". Neste contexto, de saber como afrontar o que nos sucede nas distintas etapas da nosa vida, enmárcanse as charlas de psicoloxía na biblioteca, organizadas en colaboración co departamento de filosofía.
Etapa fundamental na vida dos nosos alumnos/as é a que corresponde a 2º de BAC, tanto pola súa idade como polas características propias deste curso. Trátase dunha etapa de cambios, incertidume, ansiedade, estrés, .... Xustamente a primeira das nosas charlas ten por obxecto como afrontar éstas situacións.
Coidamos que a biblioteca debe ser tamén un espazo de resolución de problemas non só teóricos, por iso baixo o título "Técnicas para afrontar a ansiedade eo estrés", Teresa Grau ofreceunos a primeira charla. Tratouse dunha sesión de carácter eminentemente práctico: respiración, técnicas de relaxación, meditación, expresión das emoción, ... Por motivos de espazo, "a nosa biblioteca trasladouse ao ximnasio".
Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador
0 comentarios:
Publicar un comentario