Grazas á colaboración de moito profesorado de diferentes asignaturas e da entusiasta participación dos alumnos, a proposta feita dende a Biblioteca de encher un soporte de papel hixiénico con poemas, frases, dedicatorias e un caramelo tivo unha resposta excelente. Frases en distintos idiomas, recortes, creacións persoais, imaxinación... puxeron a maxia buscada.
O luns 15 moitos alumnos buscaban a creación da súa clase e esperaban a sorpresa.
¡Moitísimas grazas pola vosa excelente resposta!
0 comentarios:
Publicar un comentario