Etiquetas: Cartel, Curso 2016-17, Fomento da lectura, Lectura
A continuación, podedes ver unha mostra da exposición que percorre os pasillos do instituto ata a biblioteca, relacionada cos dereitos humanos e o cine.
Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador
Con motivo da conmemoración do día dos dereitos humanos, decidimos ilustrar os distintos artigos da Declaración Universal dos Dereitos Humanos recurrindo ao cine. Organizamos unha exposición con 31 películas, unha por cada dereito máis o preámbulo.
Mesturamos ficción e realidade porque moitas veces temos a sensación de que "todo é unha ficción". Os nosos alumnos, tan acostumados aos videoxogos, ás series, películas, ..., dalgún xeito precisan de doses de realidade. Este é o motivo desta mestura: que sexan conscientes de que non todo é ficción e que a realidade é moito máis cunha "fonte de inspiración".
CHARLAS DE PSICOLOXÍA NA BIBLIOTECA. Técnicas para afrontar a ansiedade e o estrés I
Publicado por BiblioCabe el 6.12.16Viktor Frankl afirmaba "se non está nas túas mans cambiar unha situación que te produce dor, sempre poderás escoller a actitude coa que afrontes ese sufrimento". Neste contexto, de saber como afrontar o que nos sucede nas distintas etapas da nosa vida, enmárcanse as charlas de psicoloxía na biblioteca, organizadas en colaboración co departamento de filosofía.
Etapa fundamental na vida dos nosos alumnos/as é a que corresponde a 2º de BAC, tanto pola súa idade como polas características propias deste curso. Trátase dunha etapa de cambios, incertidume, ansiedade, estrés, .... Xustamente a primeira das nosas charlas ten por obxecto como afrontar éstas situacións.
Coidamos que a biblioteca debe ser tamén un espazo de resolución de problemas non só teóricos, por iso baixo o título "Técnicas para afrontar a ansiedade eo estrés", Teresa Grau ofreceunos a primeira charla. Tratouse dunha sesión de carácter eminentemente práctico: respiración, técnicas de relaxación, meditación, expresión das emoción, ... Por motivos de espazo, "a nosa biblioteca trasladouse ao ximnasio".
Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador
No enlace que aparece a continuación, podes descargar a presentación que a nosa compañeira, Temi Madarnás, fixo o dia da charla "Un finlandés na nosa biblioteca". Moitas grazas, Temi, por compartir a túa experiencia.
PRESENTACIÓN
O pasado mércores, 30 de novembro, tivemos a posibilidade de coñecer
de primeira man un sistema educativo que é referente para todo o mundo: o
finlandés.
Nunha charla organizada pola biblioteca do IES Río
Cabe, en colaboración co departamento de inglés, os nosos alumnos de
ensino de adultos, así como todo o profesorado do centro, coñeceron a
experiencia da nosa compañeira, a profesora Temi Madarnás, ao seu paso
por centros educativos finlandeses. ¡Todo un éxito!
Etiquetas: Cartel, Curso 2016-17, Fomento da lectura
Entre pantasmas, cabazas, bruxas, esqueletes, teas de araña, ..., chegou o Samaín ao noso centro. Todo comezou semáns antes cando nas portas da entrada do centro apareceron dúas terroríficas pantasmas acompañadas duns diaños.
Xa na entrada do centro, a situación non melloraba: terroríficas cabazas, pantasmas por todas partes, un aforcado, ..., Samaín estaba chegando e invadindo o noso centro.
Nesta invasión, chegou ata a biblioteca: nos paneis da entrada, nas súas portas, na "árbore" que está xunto á entrada, .... E qué decir do interior!; máis meigas, máis teas de araña, ..., por non mencionar o "gardián" da entrada que nos recibia con sons de ultratumba, blandindo a súa gadaña.
E así chegamos ao "Día S", o venres 28, onde entre curtos de terror e "chuches" ainda máis arrepiantes, todos xuntos celebramos un ano máis a chegada do Samaín.
Etiquetas: Cartel, Curso 2015/16, Fomento da lectura
Etiquetas: Cartel, Curso 2015/16, Fomento da lectura, Soñar
Etiquetas: Cartel, Curso 2015/16, Fomento da lectura, Lectura
Etiquetas: Curso 2015/16, Fomento da lectura, Letras Galegas
Etiquetas: Curso 2015/16, Fomento da lectura
Etiquetas: Curso 2015/16, Fomento da lectura, Vídeo
O 22 de Abril anticipámonos ó Día do libro coa oitava edición do noso amigo invisible. Profesores e alumnos compartimos momentos de búsqueda e sorpresa. Onde estaba o libro co que nos agasallaron?
Etiquetas: Curso 2015/16, Día del Libro
Etiquetas: Curso 2015/16, Fomento da lectura, Lectura
Etiquetas: Amor, Curso 2015/16, Día dos namorados
O luns 15 moitos alumnos buscaban a creación da súa clase e esperaban a sorpresa.
Etiquetas: Amor, Curso 2015/16, Día dos namorados
A profesora de francés, Laura Cereijido, coa súa creatividade axudou a encher de cor este día.
Ó fondo un Cupido feito tamén por dita profesora.
Este curso tampouco podían faltar os poemas con caramelo... que, ano tras ano, son un "clásico" desta celebración...
Etiquetas: Amor, Curso 2015/16, Día dos namorados