Neste libro de H. Tullet: Juego de luces (editado en Kókinos) ofrécese unha estimulante lectura de imaxes recortadas, con formas diversas e simples que van construindo unha historia (tamén con palabras) en cada páxina. É un libro xogo posto que cunha lanterna podemos enfocar no teito as súas imaxes.Partindo desa idea, os alumnos de 1º ciclo disfrutaron deseñando as súas propias historias, os seus propios textos e logo deixando voar a imaxinación mentres no chan da biblioteca un iluminaba o teito e practicaba para que a imaxe fose correcta e outro ía lendo todo o que escribira.
Bonita experiencia. Divertida elaboración, divertido xogo de luces e sombras na Biblioteca.
Igual que si foramos nenos...
0 comentarios:
Publicar un comentario