BOLBORETAS, REDES,CORAZÓNS E AMOR

Este S.Valentín o alumnado de 2ºESO foi o encargado de realizar o decorado de moitas pequenas bolboretas que enchen de cores a entrada do centro, atrapadas nunha rede na que tamén hai corazóns.

E como ás veces tamén o amor é un "rollo" podedes ver no vídeo outra decoración que imaxinaron os alumnos...

Poemas dentro de dous globos xigantes (que nos mandaron mercar alumnas de Balbordo de 1º Bac) e logo... imaxinación, ilusión, perseverancia "dalgún" e axuda de compis e rapaces fixeron posible tanto AMOR...
GRAZAS!




0 comentarios: