Antón comentounos dun modo amenísimo o proceso de elaboración da biografía, que vai tamén intimamente unida a persoas, lugares e a unha determinada época da nosa propia cidade. Todos recoñeciamos persoas, lugares, anécdotas, situacións... polo que o libro se podería calificar de "próximo".
Co biógrafo reflexionamos sobre a perspectiva que lle proporcionaron distintas persoas cercanas a Lois (a nai, a irmá, a moza, os amigos...) en boca das que se artella esta biografía que é unha polifonía de voces (entre as que tamén está a visión imaxinaria dunha conversa con Lois do propio autor) que completan e enriquecen a imaxe que nos creamos do poeta.
Penso que é un libro valente, feito con sensibilidade, orixinalidade e intelixencia; un libro que aborda a intimidade, a creación... de Pereiro con acerto. Posiblemente no caso de Lois moita da súa obra non se explicaría sen aspectos cruciais da súa vida.
Unha charla enriquecedora, distendida e suxestiva a que tivemos con Antón, monfortino tamén, ó que lle temos que agradecer a súa presenza.
Deixovos un vídeo tomado de Youtube, que lle fixeron a Lois na tvg no 1989. Nel se recollen moitos dos temas que tamén abordamos na conversa.
0 comentarios:
Publicar un comentario