PLAN LECTOR 1ª AVALIACIÓN



QUINTO ANO xa de PLAN LECTOR na ESO. Terceiro en 1º de Bacharelato!
Cando miramos atrás e
recordamos aqueles comezos nos que Paramio puxo en marcha ese proxecto pioneiro en Galicia costa crer agora, cinco anos despois, que antes non houbera un espazo temporal exclusivamente adicado á lectura.
Xa estamos tan afeitos a ter uns minutos diarios para disfrutar lendo que é un hábito necesario e imprescindible. Así o indica o cómputo de lecturas desta avaliación (con excepcións no aproveitamento da lectura que terán que ser analizadas!).
15 minutos para ler o libro da Biblioteca que cada un elixiu con total liberdade, 15 minutos para afacerse a sentir a lectura, para compartir en silencio e en grupo a sensación de estar noutros lugares e con outras persoas... Profesorado que voluntariamente cede un anaco das súas clases para que poidan ler.
Consellos sobre algún libro? Á vosa disposición están os nosos Blogs da Biblioteca: mirade en Pistasdelectura o que os rapaces len e recomendan, botade unha ollada en DesordenadasLecturas ou dade un paseo polo Blog do noso Club de lectura Balbordo para comprobar que son moitos os libros que vos poden estar agardando.

0 comentarios: