25 de NOVEMBRO. VIOLENCIA CONTRA A MULLER

O LUNS 29, na Biblioteca, GRÁVIDA TEATRO deixaranos un berro contra a violencia.
Sobre un texto de Begoña Muñoz Saá (e a dirección de Manuel Lourenzo), Diana Sieira e Nuria González farannos reflexionar en "HORARIO" e tentarán que escoitemos as voces apagadas de moitas mulleres que hora a hora deben vivir nun inferno interior.
Este é o cartel que nos fixeron chegar para anunciar a obra:

E como reflexión para este 25 de Novembro, un libro de Rosalind B. Penfold, pseudónimo dunha muller canadiense que presentou as súas vivencias por medio de debuxos, nun diario no que se resumen as etapas dunha convivencia na que progresivamente o home exerce un total control sobre a muller e a súa independencia. Ás veces, baixo un rostro calquera pode haber "unha historia de maltrato":

1 comentarios:

Anónimo dijo...

me parece interesante y creo que voy a usar esta entrada en mi blog