O pasado venres, Edgar Andueza Pérez, profesor licenciado en Filoloxía Clásica, impartiu na Biblioteca do Centro unha Conferencia: "Sic itur ad astra. Figuras mitológicas en el cielo de la antigüedad". A actividade foi organizada polo Departamento de Actividades Extraescolares con motivo da celebración do Ano Internacional da Astronomía.
Foi unha extraordinaria exposición á que acudiron os alumnos de 3º e 4º de ESO, que escoitaron atentamente o que Edgar relataba do mito de Perseo, dos Argonautas, de Heracles... Moito mellor que calquera resume que eu vos poda facer é que consultedes, no blog que o conferenciante creou para ese día, algúns dos detalles da charla.
Penso que foi unha boa maneira de acercarnos a un tema sobre o que este curso reflexionamos dende diversas vertentes: a reunión dos rapaces de Balbordo para falar de O Principiño ou a selección de poemas que fixo Paramio para Bibliocabe en "Leyendo las estrellas" . Para saber máis, aquí tedes unha selección de libros.
0 comentarios:
Publicar un comentario