EMIGRANTES. Este extraordinario álbum de Shaun Tan foi o que deu pé a que os meus alumnos de L. castelá de 3º ESO reflexionasen sobre a emigración, as despedidas, a soidade, a perda, a forza dos recordos... pero tamén sobre a solidariedade e a esperanza.
Cos seus traballos, co cartel e a mesa de autopréstamos con libros e maletas forradas con periódicos pretendemos facer unha pequena homenaxe a todos os que tiveron e teñen que emigrar e tamén ós desarraigados refuxiados que están á procura dun lugar onde asentarse...
1 comentarios:
Que o ano que ven veña cheíño de plans, de proxectos, de traballos, de lecturas....¡e de amigos alegres!
Moitos bicos
Publicar un comentario