PLAN LECTOR, 1ª AVALIACIÓN


Por terceiro ano consecutivo, os moitos profesores que cedemos 15 minutos das nosas clases para que o alumnado poda ler libremente o libro que elixa na Biblioteca deixamos de lado os libros de texto, as libretas, o encerado... para ler e para observar como numerosos rapaces deixan voar a imaxinación paseando entre as liñas de moitos libros.

Un total de 178 alumnos da ESO leron esta primeira avaliación (só nos 15 minutos adicados diariamente ó Plan Lector) 554 libros. Os 52 alumnos de 1º de BAC que participaron por primeiro ano no Plan lendo só algún día da semana leron 87 libros. Os 641 préstamos que saíron esta 1ª Avaliación da Biblioteca para ocupar as aulas, as estanterías ou as mochilas do alumnado supoñen a constatación de que nos gusta ler, de que queremos ler e de que cada ano o número dos lectores, e dos que nos visitan na Biblioteca, medra no noso centro.


Moitas grazas a todos por facer posible que o Plan lector funcione, especialmente ó profesorado que deixa de explicar matemáticas, naturais, galego, física, inglés, ética, xeografía, música, francés etc etc, por facer posible que cada día eses minutos das clases se ocupen cos soños de cada un, con tantos e tantos personaxes de novelas, contos ou cómics; se ocupen con sentimentos e reflexións que posiblemente sexan a porta para comprender mellor o que ensinamos.

1 comentarios:

O Segrel do Penedo dijo...

Disque quen ben sembra, ben recolle e a vosa colleita está a ser inmellorable.
Parabéns polo voso bo facer.
Apertas dende Fene