Proxecto interdisciplinar

Hoxe o alumnado de 1º B da ESO xunto co seu profesor Manuel Sánchez amosánronnos o traballo que estiveron a realizar durante todo o curso na materia Proxecto interdisciplinar. Por isto, puidemos disfrutar da extraordinaria exposición Guernica con música de J. Rodrigo - Concierto de Aranjuez, 2º mov.-
Este é o producto final dun longo traballo que comezara no primeiro trimestre coa formación dos futuros usuarios-investigadores na biblioteca, a quen se lles ensinou, xa durante o segundo trimestre a deselvolver o que sería un proxeto de investigación onde intervirían distintas materias. E xa no terceiro trimestre centraron a súa atención sobre o seu obxecto de investigación, o Guernica de Picasso, desde diferentes aspectos: o seu contexto histórico, literario, musical e plástico. Neste período desenvolveron as competencias básicas: a cultural e artística, a lingüística, a de aprender a aprender, a social e cidadana, a de autonomía e iniciativa personal e a de tratamento da información e dixital.
Aquí tendes unha pequena mostra do que fixeron:


O Guernica como tema tamén aparece tratado noutros vídeos como os seguintes, onde se misturan arte e cine de animación:


ou esta maravillosa curtametraxe realizada por J. P.Etcheverry:


Ou esta noticia que se produxo no 2004 cando tres artistas chilenos BOMBARDEARON Guernica 70 anos despois con poemas:


En fin, desexamos que todos disfrutedes coma nós desta mostra. ¡Noraboa!

2 comentarios:

xarela dijo...

En dúas palabras (como diría o grande lingüista asasinatouros)im presionante. Noraboa a alumn@s e prof@s implicad@s polo magnífico traballo que antes do minuto 2 estaba a facerme chorar por ese avó a quen os golpistas me negaron o dereito a coñecer.Hoxe mesmo ensinareille este vídeo ao meu pai,75 anos, que con 3 anos recibíu a encomenda de coidar de súa nai, encomenda feita por seu pai cando o levaban detido "aquel" 18 de xullo. Nunca máis volveu velo, foi asasinado 7 días máis tarde.Por tod@s as que nunca poderán disfrutar deste estupendo traballo ... grazas por facelo!!!

O Segrel do Penedo dijo...

Parabéns a todos e todas as que fixéchedes posible este magnífico traballo. O comentario de "xarela" dio todo...
Apertas dende Fene

Por fin, o día esperado está a piques de chegar!!