Por fin rematou o curso, un curso cheo de lecturas. Non se le? No Río Cabe lemos, e moito!, tivemos un total de 2467 préstamos durante este 2007/08. Foi un pracer para nós ver como vos acercades á Biblioteca nas horas de préstamos, como moitos vides emocionados a ver si chegou ese libro que nos encargástedes, a pedirnos algún consello, a comentarnos algunha cousa da lectura... Grazas a todos por facer que a Biblioteca non sexa, para nada, aburrida nos Recreos.
Ademais, os 137 alumnos da ESO que participan no Plan Lector (adican 15 minutos diariamente a ler -en distintas asignaturas- un libro escollido libremente por eles na Biblioteca) leron un total de 1357 libros! Os resultados da 3ª avaliación e a final poden verse nos gráficos seguintes. Temos que agradecerlles ós 23 profesores de distintas materias a súa xenerosidade á hora de ceder 15 minutos semanais das súas clases e tamén o seu apoio para que o Plan siga. Penso que dese modo todos, alumnos e profes, deixamos constancia de que nos importa moito a lectura. Moitas grazas a profes e alumnos porque penso que este segundo curso de implantación dese Plan Lector (que puxo en marcha, como pioneira, o curso pasado Paramio) tamén foi un éxito no 2007/08. Boas lecturas a todos!

0 comentarios:
Publicar un comentario