Exposición piratas


Este mes de abril, mes dos libros, adicámosllo a unha temática que sempre resulta apaixoante para novos e maiores: os piratas e a piratería.

O profesor de plástica debuxou minuciosamente o decorado e adornamos a entrada do centro. Non podía faltar un barril e unha bandeira pirata para ambientar a exposición!
Hai diversas propostas, xunto ás mesas de autopréstamo, nas que se expoñen diferentes materiais da Biblioteca.
Nun cartel dun mapa proponse adiviñar o nome de diversos piratas; a guía de lectura inclúe recomendacións de libros divulgativos, novelas, películas... e tamén recolle a escolma (feita por alumnos de 1º de Bac) de cancións de temática pirata; noutro cartel (colección de 60 cromos antigos da Illa do tesouro) resúmese esta coñecida historia de aventuras; hai representacións das partes dun barco, tipos de barcos piratas, instruccións para facer nudos (e facer prácticas!)
Ademais, incluíronse diversos textos de alumnos de 3º ESO e 1º de BAC: diarios de piratas, mapas do tesouro, pequenos resumos sobre o significado da piratería na actualidade, da vida do último pirata galego, ou das mellores películas de temática pirata.
Na Biblioteca colocamos unha pirata, prestada pola Escola Pública de Infantil Caixa Galicia, que fora gañadora do 1º Premio de Comadres no Entroido.
Neste marco, encadrouse tamén a proposta do Club Balbordo para o mes de abril: Os máis novos están a ler A illa do tesouro e deben ordenar 9 cromos de Canadá asociándoos ós textos que lles corresponden en francés e inglés. Tamén poden “ver en imaxes”, a partir dunha montaxe desa colección de cromos, a historia do coñecido libro.
Xosé Miranda impartíu unha charla ós alumnos de 4º de Eso e 1º Bac sobre a piratería. Reuníuse cos dous grupos de pais e profesores do Club de lectura para falar de Morning Star, libro no que aparece o último pirata galego Benito Soto.


Tamén se pode consultar no blog o traballo de Lorenzo García (de 1º Bac) no que se sintetizan as diferenzas entre "Piratas, Bucaneros, Filibusteros y Corsarios". Sobre dito traballo elaboramos un sinxelo xogo de preguntas que podedes consultar.
Para rematar o achegamento ó tema, recollo a continuación unha montaxe de traballos dalgúns alumnos de Lingua Castelá de 1º de Bac que usaron as novas tecnoloxías para acercarse á piratería.

1 comentarios:

Anónimo dijo...

Noraboa polo voso traballo. Seguide así!