Proxecto Interdisciplinar II

"A volta a Galia" 0u "Le tour de Gaule" pretende ofrecer unha visión global e ó mesmo tempo plurisciplinar do contexto histórico no que teñen lugar as aventuras de Astérix e do resto dos personaxes creados por Uderzo e Goscinny, é dicir, a época galoromana, ó tempo que fai un estudo discrónico dos acontecementos que foron conformando a antiga Galia ata desembocar na Francia contemporánea.
Tras un período de formación de usuarios na biblioteca, os rapaces acometeron a etapa previa do proxecto. O traballo de investigación iniciouse a partir da lectura do cómic do mesmo título, que presenta as peripecias de Astéirx e Obélix ó redor da Galia, na procura dunha especialidade gastronómica de cada unha das rexións visitadas. O cómic é a súa vez unha parodia da famosa proba ciclista francesa que se disputa por etapas, rasgo que tamén serviu para establecer a secuenciación e mesmo propiciar entre os alumnos esa competitividade individual e por equipos que tamén se dá no mundo do ciclismo, e que lles serviu de motivación.
Tralo proceso de investigación, selección e procesamento da información obtida, que se estendeu ó longo do segundo trimestre, no terceiro iniciaron a elaboración da Exposición. Esta consta de catro partes:
  1. Rende homenaxe ós personaxes inspiradores do proxecto cunha viñeta xigante.
  2. A reproducción dunha tenda galo-romana, presentada en clave de humor, tratando de imitar o espírito do cómic, nela pódense atopar unha grande variedade de produtos.
  3. Un collage que quere sintetizar visulamente diversos aspectos do mundo propiamente galo: sociedade, vida cotiá, moedas, símbolos...
  4. Unha visión contemporánea e polifacética das rexións que os dous personaxes percorreron no seu momento. ( Por Laura Cereijido)
E agora a disfrutar desta fermosa exposición. ¡Parabéns!
video

5 comentarios:

novoa dijo...

Excelentes traballos!!! Parabéns a todo o lumnado participante e ao profesorado que está detrás. Un xeito de dignificar a profesión docente ofrecendo calidade nos procesos e nos resultados finais... e con sentido do humor, por riba!!!

A marela tarabela dijo...

Excelente idea. Excelente traballo. Igual volo "copiamos" para o ano.
Parabéns

Biblioafonso dijo...

Como tiven o pracer de ver os traballos "ao vivo" ratifico a excelencia dos mesmos. PARABÉNS

Biblioafonso dijo...

Como tiven a oportunidade de ver os traballos "ao vivo", confirmo a excelencia dos mesmos.PARABÉNS

nautilus dijo...

Noraboa por este traballo ós profes que o fixeron posible. Nunca máis Francia será un lugar anónimo para os nenos e nenas que participaron nese magnífico traballo. E deso se trata.
Máis noraboas.
olga