ENCONTROS PLAN DE MELLORA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES 2007/08

O 3 e 4 de abril celebráronse en Sanxenxo os encontros do Plan de mellora de Bibliotecas escolares (PLAMBE), programa do que formamos parte dende a primeira convocatoria.
Foron dúas xornadas intensas, e perfectamente organizadas, nas que tivemos a sorte de escoitar magníficas ponencias (ou experiencias) de compañeiros, investigadores ou escritores de renome. O intercambio de materiais, a participación en obradoiros e o contacto con outros compañeiros, que traballan noutras Bibliotecas, fixeron destes días unha boa maneira de reflexionar sobre o modo de mellorar no noso traballo e de ilusionarnos co que facemos.

1 comentarios:

Anónimo dijo...

hola!!!
yo fui a Francua este año y me gustaria muchisimo q tambien pusieseis las fotos que hicieron las profesoras (=
muchos besos!