ENCONTRO CON ESCRITORES. PRESENTACIÓN DE NAILÍA.

 Dous membros do Equipo da biblioteca tivemos o inmenso honor de compartir con Loli Rodríguez a 

 presentación do seu libro  Nailía, o día 5 de Decembro no Ateneo Casino de Monforte de Lemos.

Esta obra gañou o Premio Torrente Ballester de Narrativa en Lingua Galega, convocado pola Deputación da Coruña 2024. Dende a súa publicación pola Editorial Galaxia acadou a súa terceira impresión en Xaneiro do 2026. Pola calidade da obra,pola sensibilidade e mestría da autora auguramos que haberá moitas máis impresións.

Nesta presentación, Loli desvelounos  a súa paixón pola escrita, ela mesma nos dí:

 " Sentín sempre a necesidade vital de escribir, de pecharme na habitación (que compartía coas miña nai) a ler e escribir desde ben pequena. E lía para miña nai. Lembro lerlle a Bécquer e a Miguel Hernández. Pero esa pulsión, esa necesidade de escribir era algo íntimo, algo persoal, que non mostraba. Xa de adulta, contadas persoas sabían que eu escribía e por iso todo o mundo se sorprendeu ata os máis achegados" 

 Falamos de que Nailía é unha historia de "historias·, na que este personaxe é o eixo vertebrador da obra. Pero, tamén de que ademáis da historia de Nailía (muller valente, sabia, loitadora,acolledora, amorosa, divertida) atópase a de persoaxes como Ricardo, as dúas Marías, Secundino, Simple, Antón, Manolo,Candela, Sara, Xulia, Edana...

Estamos ante una obra de superación, de amor en sentido amplo xa que Nailía e amor, superación, sabedoría, Nai. Tamén nos transmite unha mensaxe moi positiva: a vida pode poñernos na peor das situación, pero si temos un porqué para saír adiante atoparemos o cómo, 

 Pero tamén estamos ante unha obra que non deixa indiferente a ninguén xa que pon enriba da mesa temas controvertidos como: o estigma das enfermidades mentais, o sexo na terceira idade, formas "alternativas de sexo", a emigración, os abusos dos nenos no seo da familia, a reivindicación da sabedoría popular fronte á "oficial"....

Pola maestría da autora que non enfeitiza coa su forma de escribir (chegándonos ao máis profundo), pola variedade de temas e a sensibilidade coa que os trata, estamos ante unha obra magnífica e unha escritora excepcional que será alguén moi importante nas nosas letras. Agardemos que cambie o criterio de estar finado para adicar o día das Letras Galegas a un autor/a. Loli Rodríguez é unha seria unha seria candidata!







Publicado por Flor R.Lemos e Xurxo R. Labrador
 

 Un decembro máis, o Equipo da Biblioteca e o Equipo de Dinamización Lingüística convocamos o Certame de postais de Nadal para todo o alumnado no IES Río Cabe.

Animámosvos a participar!



Publicado por Paula Martínez


Matemáticas na Biblioteca: MatematiCABE

 O 25 de Novembro celebrouse no noso centro a 1ª Edición do MatematiCABE, unha iniciativa organizada polo Departamento de Matemáticas para fomentar o razoamento lóxico, o espírito competitivo saudabel e máis o traballo cooperativo entre o alumnado da ESO.

A actividade tivo unha acollida extraordinaria. Participaron 13 grupos, sumando un total de 50 estudantes dos catro cursos da ESO. Cada equipo enfrontouse a unha selección de 20 problemas de enxeño 


matemático, procedentes de diversas olimpiadas internacionais (OBMEP, CEMC,Georg Mohr, IMC...) e tamén do repertorio persoal do profesor José Jorge Rodríguez Pérez, autor do blog Matematicasnarua.

O formato do concurso , 75 minutos para resolver o maior número posible de retos , resultou dinámico e moi divertido. Para moitos estudantes foi a súa primeira toma de contacto cun concurso matemático deste tipo, e moitos expresaron a súa intención de repetir na próxima edición.

Parbéns a todos os grupos e a todo o profesorado implicado. Vémonos no MatematiCABE 202























Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador

 

 

Manifestándonos contra a violencia de xénero.

 O día rematou cunha multitudinaria manifestación onde ademáis de reivindicacións, rendimos unha homenaxe   äs 46 mulleres mortas a causa da violencia de xénero.






































Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador