Entrevistando á Periodista Manola Porto.

 Hoxe o alumnado de 2ºESO tivo a oportunidade de entrevistar na nosa Biblioteca, a Manola Porto, locutora de Onda Cero Monforte. Esta entrevista forma parte do traballo que están facendo na materia de Lingua Galega. Fixeron moitas preguntas ás que Manola respondeu con infinidade de detalles e enorme amabilidade mais se cadra o que máis lles chamou a atención foi que, de non traballar na radio, sería florista. Moi pronto a entrevista completa poderá lerse no xornal mensual do Río Cabe, "Todo nun segundo". 

Grazas a Manola Porto, aos alumnos de 2ªESO e especialmente á súa profesora, Sara, por esta preciosa iniciativa.



Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador

Presentación de Foteini sobre a importancia da lingua grega nas linguas modernas.


 Foteini, profesora visitante do programa Erasmus +  realizou unha interesantísima pesentación sobre a importancia do grego nas linguas modernas, na Biblioteca. Os rapaces tiveron a gran oportunidade de facerlle preguntas , achegarse un pouco máis ao mundo heleno e mesmo de realizar un acróstico e xogar a un Kahoot. Ademáis de enriquecedora e interesante resultou unha actividade moi divertida. Grazas Foteini pola xenerosidade de  acercarnos un pouco da tua lingua e cultura!


Rematamos este venres coa actuación do grupo de música da Biblioteca (neste caso Xurxo e Nerea) con George, o compañeiro grego que nos visitou. Aínda que con culturas e linguas tan diferentes, o tema Miña Terra Galega sonou cunha maxia moi especial. Ao final vemos que Non hai fronteiras !!!!!!!!
 

Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador


Entrevistas en Bibliocabe: O xornal o Progreso entrevista aos nosos Erasmus + gregos.

 Este Xoves , o Xornal O Progreso estivo en Bibliocabe a entrevistar aos profesores que do General Lyceum de Nigrita (Grecia) que nestes días visitan ao noso centro dentro do programa Erasmus +. Na    entrevista saliantaron positivamente a cantidade de proxectos nos que participa o centro así como a motivación e participación dos nosos alumnos.

George, Stella e Foteini visitaron a nosa Biblioteca e quedaron abraiados pola súa actividade e pola cantidade de obras coas que contamos.  Eles mesmos elixiron a Biblioteca como lugar onde facer esta entrevista na que tamén participou Temi Madarnás, profesora coordinadora do proxecto no noso centro. Grazas pola vosa visita e por  elixir o Río Cabe para o voso intercambio!

 
Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador