DÍA DOS NAMORADOS 2015

Na estantería da entrada ó instituto estiveron expostas lecturas recomendadas e, ¡como non!, puxemos en marcha o tradicional concurso de cartas de amor. Nel participaron alumnos de todos os cursos.

Finalmente foron dúas cartas as premiadas: unha de terceiro de ESO, presentada por Ana Bouza, e outra de primeiro BAC, feita por Leidy.

DÍA DA PAZ 2015

Neste día, o 30 de xaneiro, tivo lugar na biblioteca unha actividade de animación organizada por Cristina Fernández Santomé, profesora de lingua castelá.

A actividade consistía no seguinte: varios alumnos de 2B ESO prepararon unha presentación de tres álbumes ilustrados (El autobús de Rosa, de Silei e Quarello; O principio, de Paula Carballeira e Danouwski; El sueño de Lu Shzu de Ricardo Gómez e Teresa González) e contaron esas tres historias a nenos do Colexio das Gándaras e do Colexio Novo, que neste día estaban de visita no noso centro.




Dende a Biblioteca do IES "Río Cabe" FELIZ ANO 2015. Esperamos que aproveitedes este novo ano que comeza para ler e aquí tedes moitas suxestións, que por riba son novidades na Biblioteca:


Samaín 2014

O xoves 30 de outubro decoramos a Biblioteca, visionamos un curto de terror, organizamos un concurso de cabazas tuneadas e degustamos algunha que outra doce sorpresiña. A esta actividade estaban convidados os alumnos de 1º e 2º da ESO.

Na entrada do Instituto vampiros, cabazas, arañas e morcegos; e na estantería de autopréstamo moitos libros acordes coa festividade.

Aquí tedes algunhas fotos:
 

24 de Outubro - Día da Biblioteca

Durante a semana do 20 ao 24 de outubro programamos diferentes actividades: lecturas en distintas linguas, concursos, xogos, etc...

A nosa intención era manter a Biblioteca aberta o maior número de horas posibles. Elaboramos un horario para que todos os profesores interesados puidesen anotarse e organizar así todas as sesións de clase.

A participación foi moi grande e todos os cursos realizaron algunha actividade na Biblioteca.

¡Canta animación!

Curso 2014/2015

Aquí estamos de volta dende a Biblioteca do IES Río Cabe, con moitas novidades e suxerentes lecturas para desfrutar dun outono máis cálido.

Estas son algunhas das novas adquisicións, que as poderedes atopar todas elas no expositor da entrada do Instituto:


Proxectos Interdisciplinares

Durante este curso escolar os alumnos de 1 ESO dentro da materia de proxecto interdisciplinar elaboraron unha maqueta da biblioteca en miniatura e confeccionaron diferentes fofuchas que representan diferentes épocas históricas.

Fofucha é o nome co que se coñece a unhas graciosas bonecas que se caracterizan polas súas longas pernas e as súas caras sempre sorrintes. Confecciónanse de forma totalmente artesanal utilizando bolas de porex(corcho) e forradas con goma eva(foam). Fofucha significa "bonita-dulce-tenra" e tamén é unha forma cariñosa de dirixirse a outra persoa.

A continuación podedes observar o resultado, e se queredes apreciar en tres dimensións tanto a maqueta como as fofuchas non deixedes de visitar a exposición que atoparedes no vestíbulo de entrada ao instituto.

 

Día das Letras Galegas

O venres 16 de maio, na biblioteca do IES Río Cabe, xunto co equipo de Normalización Lingüística levamos a cabo un Recital Poético en homenaxe a Xosé María Díaz Castro.


Neste recital participaron:

Julio
Manuel
Jordi
Carmen
Lucía
Andrea
Iago
Leidy
Aroa
Sabela
Iván

Os nosos parabéns a todos. Aquí tedes unha pequena mostra:


DÍA DO LIBRO 2014

Como cada ano no IES RÍO CABE celebramos este día coa chegada do amigo invisible. No recreo do mércores 23 todos os alumnos de ESO, Bacharelato e como non, os profesores agardaban ansiosos a chegada de novas lecturas. Separados por cursos o reparto foi moi rápido e con máis ou menos acerto por parte do noso amigo invisible. As caras de ledicia eran evidentes. Que ben senta recibir un agasallo o mesmo día no que voltamos dunhas pequenas vacacións!.

Por outra banda, durante todo o mes de abril hai en marcha un concurso moi orixinal: "Adiviña cal é o título deste libro". Nun taboleiro na entrada do instituto están expostas 24 frases de libros moi coñecidos. O concurso consiste en adiviñar o título do libro e cubrir unhas tarxetiñas cos nomes. O gañador será o que máis títulos acerte. A ver, a ver quén será?.


 

14 de febreiro: día dos namorados

Para a celebración deste día en Bibliocabe realizamos varias actividades:

-Preparamos un expositor (autopréstamo) con lecturas e películas relacionadas co amor.
-Adornamos o instituto con corazóns, cupidos e poemas feitos polos alumnos.
-Alumnos e profesores tiveron a oportunidade de deixar as súas mensaxes amorosas en distintas linguas.
-Convocamos un concurso de cartas de amor que tivo moita participación. No photopeach que acompaña a esta entrada podedes ver a carta gañadora.

DÍA DA PAZ 2014

O día 30 de xaneiro celebramos o día da Paz ou da non violencia. O equipo da biblioteca xunto cos alumnos de 1º de ESO e PDC preparamos un expositor en forma de biombos con ocos a modo de fiestras onde por un lado pegamos imaxes de paz e polo outro imaxes de guerra, todas elas recopiladas polos rapaces. Finalmente, adornamos estes biombos con citas, poemas e letras de cancións relacionadas con este día.

Aqui tedes o resultado, por certo, con moito colorido:

Lecturas recomendadas para o día da Paz

O 30 de xaneiro conmemórase o día da Paz ou da non violencia e dende Bibliocabe recomendámosvos unhas pouquiñas lecturas. Todas elas as podedes atopar no expositor do hall do instituto e levalas en préstamo.



Os Dereitos Humanos

O pasado 10 Decembro celebrouse o "Día Internacional dos Dereitos Humanos" e este ano no IES Río Cabe para conmemoralo levamos a cabo un concurso moi interesante. Os rapaces elixiron un artigo dos 30 que compoñen a declaración universal dos dereitos humanos e debuxaron aquilo que lles inspiraba. Aquí tedes unha pequena mostra dos nosos "artistas":


 

Recomendacións e novidades de Nadal

Dende a Biblioteca do IES "Río Cabe" BO NADAL E FELIZ ANO 2014. Rapaces e rapazas, o Nadal é tempo de lecer, aproveitádeo para ler. Aquí tedes moitas suxestións, que por riba son novidades na biblioteca.


Presentación da Curtametraxe "Deil"

O día 6 de novembro, os alumnos do 2º ciclo da ESO tiveron a sorte de asistir á presentación do corto de terror Deil, o último traballo do produtor de cine monfortino e antigo alumno deste centro Iván Patiño.

Contounos cousas moi interesantes do seu traballo, anécdotas das rodaxes e como non, respondeu a todas as preguntas dos rapaces, que por certo foron moitas. Pasamos unha mañá estupenda cun gran comunicador. Dende aquí grazas e sorte Iván.


Festividade do Samaín “Terror na biblioteca”

No IES Río Cabe adornado para a ocasión e dende a biblioteca, o pasado día 30 de outubro, proxectamos dous cortos de terror para o alumnado do 1º ciclo de ESO, así como un concurso de relatos de terror cunha gran participación e todo iso cun final moi doce: degustación de gominolas “terrorríficas”.

Aquí tedes unhas imaxes:


  

Recomendaciones y novedades de otoño

Llegó el otoño: la lluvia, el frío, la caída de las hojas... y desde la Biblioteca sabemos que es buena época para la lectura. Por lo tanto os recomendamos los siguientes libros.


LECTURAS DE VERÁN

Gústache ler na praia, na montaña, na aldea, na cidade?  Estes son os libros que limos no noso clube de lectura Balbordo.  Mergúllate nas súas historias.  Bó verán!

DÍA DO MEDIO AMBIENTE

Para a celebración deste día, en Bibliocabe puxémonos como obxectivo a reflexión sobre o lema establecido pola ONU para este ano: “Pensa.  Aliméntate.  Aforra”, no senso de evitar despediciar os alimentos e os recursos enerxéticos empregados para producilos. 

Por unha banda, montamos unha exposición na entrada do instituto, en colaboración co personal de limpeza, empregando os desechos recollidos nos últimos catro días, metidos en bolsas de plástico transparente penduradas do teito.  Este é o motivo visual que invita a reflexión, apoiada con carteis con datos da comida desperdiciada no mundo, elaborados por alumnos de 1º de Bacharelato.

Por outra banda, buscamos información sobre agricultura ecolóxica, coa visita do Secretario do Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica, quen deu unha charla para o alumnado de 3º de ESO. 


E culminamos os actos do día coa inauguración do Horto Ecolóxico Bibliocabe, no que cultivaremos leitugas, cenouras, porros, cabaciñas e pementos para o autoconsumo.


LETRAS GALEGAS 2013

Roberto Vidal Bolaño, o actor, director e dramaturgo homenaxeado nas Letras Galegas deste ano, foi o protagonista absoluto de Bibliocabe esta semana. Adicamos unha exposición na entrada do instituto, con carteis das súas principais obras e a reproducción dunha das súas señais de identidade: o nariz de paiaso.  Coa colaboración de Equipo de Normalización Lingüística expuxemos os  dez carteis coa súa biografía nas escaleiras do centro.  E, nos recreos de hoxe e onte, invitamos á comunidade educativa a ver documentais sobre a súa vida e obra na biblioteca.


VISITA DE TERESA GRAU


O venres tivemos contacontos.  Visitounos Teresa Grau, a magnífica texedora de historias.  Herdeira da ancestral tradición da narración oral, deleitounos con tres contos, ambientados en exóticos lugares: o conto do optimista que chegou a primeiro ministro, o conto dos dous amigos que atravesaban o deserto, e o conto do guapísimo rei altivo.  

Teresa encandila co seu saber facer e coas súas historias cheas de profundas mensaxes que, nestes tempos convulsos onde prima o valor do mercado, recórdannos cal é o verdadeiro sentido das nosas vidas.  Gracias, Teresa!







DÍA DO LIBRO EN BIBLIOCABE

Como cada curso, por estas datas, Bibliocabe recibiu a visita do invisible amigo lector.  Veu en dúas tandas: no recreo da mañá, para o alumnado de diurno; e no recreo da noite, para o alumnado de nocturno.  Nos dous casos foi acollido con ilusión, risas, alegría e con moitas, moitas ganas de novas lecturas.  Grazas, amigo invisible!  Ata o próximo curso!


FELIZ DÍA DO LIBRO

O 23 de abril celebramos o Día do Libro.  É a data de falecemento de dous grandes xenios das letras universais: Miguel de Cervantes e William Shakespeare.  Ambos autores, por  azares do destino, abandonaron o mundo no mesmo día, o 23 de abril de 1616.  Polo menos iso di a tradición, porque aquí podes atopar información que indica o contrario.
En calquera caso,  disfrutemos o día de hoxe.  Que chovan moitos libros!  Feliz Día do Libro!

http://www.quadratinmexico.com/wp-content/uploads/2013/04/Miguel-de-Cervantes-y-William-Shakespeare.jpg

LECTURAS PLAN LECTOR 2ª AVALIACIÓN


DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL

Hoxe é o Día Internacional do libro infantil e xuvenil.  E celebrámolo con este vídeo-conto:



de Entrelecturas, o canal do Centro Internacional del Libro Infantil y Juvenil, da Fundación Germán Sánchez Ruipérez.