8M. "Brillantes activistas da vida cotiá"

  Este curso, para traballar o 8M, a Biblioteca e o EDLG do noso IES, escollemos a canción "Matriarcas" de Guadi Galego e preparamos unha actividade para que todo o alumnado da ESO reflexionase sobre a importancia da muller no día a día. Agradecemos, de antemán, aos titores e titoras da ESO a súa colaboración para levas a cabo a proposta nas horsa de titoría. 

A actividade comezaba cun ditado musical da canción "Matriarcas", de Guadi Galego. Tras escoitar un par de veces a canción para encher o ocos que faltaban (e traballar, así, un pouquiño de vocabulario), estableceuse en cada aula un diálogo para reflexionar sobre o contido da canción e, finalmente, cada alumno pensou na súa propia matriarca destacando por que a muller escollida era importante para él: sairon nais, irmás, amigas, avoas, profesoras... A visibilización de todas esas mulleres anónimas converteu a entrada do noso centro nunha emotiva parada que pon en valor ás tan necesarias brillantes activistas da vida cotiá

Deixámosvos aquí algunhas imaxes do resultado final.


















Publicado por Paula Martínez






San Valentín e o amor nos libros: First Dates Literario

  O comezo de febreiro estivo cargado de actividades: ademais de todas as derivadas do entroido, a Biblioteca e o EDLG organizamos unha amorosa ximkana para o 13 de febreiro. A inspiración foi o programa First Dates e elaboramos, seguindo esa estética, corazóns nos que figuraban trinta parellas literarias e históricas cunha breve e irónica descripción. Dende o mércores, os corazóns foron aparecendo en diferentes corredores do centro, causando intriga e risas entre aqueles que paraban a lelos. 

O venres 13 a cuarta hora, o alumnado da ESO, organizado en pequenos grupos, tivo vinte minutos para atopar dez parellas. Entre aqueles que o lograron, sorteamos tres doces agasallos. A actividade foi todo un éxito e queremos agradecer ao profesorado que tiña clase cos estudantes a súa colaboración para explicar e controlar o desenvolvemento da actividade. Agardamos repetila!












Publicado por Paula Martínez








Alfabeto pola paz. 30 de xaneiro.

 O venres 30 de xaneiro conmemoramos o Día da Paz e a Non Violencia, en colaboración co EDLG, o Dpto. de Plástica e as titorías. As semanas previas, o alumnado de toda a ESO traballou vocabulario relacionado coa paz e a non violencia que plasmou nun exército de pombas que, na entrada do centro, voan debuxando o símbolo da paz. Ás 11:00 horas, o alumnado da ESO reuniuse para  conmemorar este día e dúas alumnas de 4.º de ESO A, Estefanía e Delia, leron un texto elaborado polos seus compañeiros de 4.º de ESO C, un escrito no que empregaron moito dese léxico que, esta semana, da a benvida á todo aquel que entra no centro. 

Deixámovos un fragmento do texto elaborado polo alumnado: 


O 30 de xaneiro conmemórase o Día da Paz e da Non Violencia. Dende o IES Río Cabe queremos expresar, un ano máis, a necesidade de visibilizar algo que, nun mundo ideal, non debería ser necesario. Cada vez son máis os titulares que inundan a nosa vida para recordarnos continuamente o momento convulso en que vivimos: violencia institucional, violencia vicaria, violencia dixital, violencia psicolóxica, violencia económica, violencia laboral… Son tamén milleiros os conflitos bélicos existentes no noso planeta: franxa de Gaza, Pakistan e India, EEUU e Venezuela, Rusia - Ucraína, Sudán, República Democrática do Congo…

Este curso, os estudantes da ESO propoñemos un Alfabeto pola Paz, cheo de verbas que contribúan á convivencia pacífica para un mundo mellor, máis amable, máis tranquilo, máis cooperativo… En definitiva, menos malo.

Queremos vivir en harmonía estabilidade.

Con sinceridade sosegorepecto amabilidade

Rodeados de amizadereuniónsfamiliaamor afecto

Que a nosa convivencia promova o noso benestar, superando os conflictos con apoio empatía.

Respectando os dereitos humáns. Poñemos, dende aquí, a nosa semente de paz.


Deixámosvos algunhas imaxes da actividade.









Publicado por Paula Martínez