Noivos por internet é unha adaptación da obra Novios por internet que xurdiu do interese dos alumnos de 4 de ESO por facer unha obra de teatro, representala e co importe da entrada conseguir unha axuda para a excursión de fin de curso.
Os rapaces acudiron á Biblioteca e ao Departamento de Plástica para pedir axuda e así comezou esta aventura. Modificamos a obra introducindo un personaxe máis: unha xorda moiii xorda, adaptamos o texto ao galego e as expresións as nosas.
Tras tempo de ensaio, esta obra representarase para todo o centro e, pola tarde, abrirase o centro para que todo o pobo de Monforte poda asistir, botar unhas risas e colaborar con esta inxeniosa iniciativa.
Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador
0 comentarios:
Publicar un comentario