Un ano máis, como xa ven sendo habitual, convocamos o Certame de Postais de Nadal 2024. Agardamos que participedes!!!!
Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. LabradorEste venres 29, tivemos a sorte de contar no noso centro coa presenza do escritor e lingüista Carlos Quiroga.
O autor falou para os estudantes de 1º e 2º de Bacharelato sobre a súa obra. Trátase dunha extensa traxectoria literaria que abrangue narrativa, poesía, teatro e ensaio.
Un dos momentos máis emotivos do día tivo lugar cando o noso alumno Demetrio leu o seu discurso e de seguido Xurxo e Nerea interpretaron o tema Negra sombra.
Tras o sentido discurso de Demetrio, a maxistral interpretación deste simbólico tema fixo que todos os asistentes tiveramos que facer serios esforzos por conter as bágoas.
Graciñas a Demetrio, Nerea e Xurxo por facer este acto inesquecible!!!
Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador
Centos de mensaxes de indignación, dor, abatimento...encheron a entrada do noso centro. As mensaxes foron escritas en todas as linguas que se falan no centro.
Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador
Como unha imaxe serve maís que mil palabras, Lucía de la Iglesia plasmou á perfección o senso da nosa intalación nunha maxistal obra que encabeza a nosa instalación.
No inicio do día unha parte do póster reflectía o baleiro que máis tarde será cuberto polos nosos alumnos rendindo homenaxe ás vítimas.
Mentres estabamos a encher ese baleiro tivemos a terrible noticia da vítima nº 42: Cloe, unha rapaza de 15 anos a quen o seu mozo de 17 lle quitou a vida. Desolación total!!
Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador