Os BookTubers de Bibliocabe e Balbordo.

 Laura Díaz, Laura López, Sofía, Sonia, Steliana, Manuel, Ximena, Gabriela , Estela ...son algúns dos nosos BookTubers. De cara ao verán, xunto coa súa profesora Pilar López, están dispostos a que non exista unha soa persoa sen un libro que ler e disfrutar, por iso, prometen seguir recomendando libros.

Entre as recomendacións que nos fan destacan; O señor dos aneis. O retorno do rei, Percy Jacson e o ladrón do raio, Infamia, De profundis, O conserxe, A canción de Aquiles, Escarlatina e a cociñeira defunta, A illa das moscas. Se queredes saber máis destes libros, só tedes que ver os seus vídeos. Van encantarvos, seguro!!!









Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador



 

 

 

 

0 comentarios: