Os BookTubers de Bibliocabe e Balbordo.

 Laura Díaz, Laura López, Sofía, Sonia, Steliana, Manuel, Ximena, Gabriela , Estela ...son algúns dos nosos BookTubers. De cara ao verán, xunto coa súa profesora Pilar López, están dispostos a que non exista unha soa persoa sen un libro que ler e disfrutar, por iso, prometen seguir recomendando libros.

Entre as recomendacións que nos fan destacan; O señor dos aneis. O retorno do rei, Percy Jacson e o ladrón do raio, Infamia, De profundis, O conserxe, A canción de Aquiles, Escarlatina e a cociñeira defunta, A illa das moscas. Se queredes saber máis destes libros, só tedes que ver os seus vídeos. Van encantarvos, seguro!!!









Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador



 

 

 

 

Rodando en Bibliocabe: curtas sobre o acoso escolar, violencia...

 Acoso escolar, suicidio,violencia de xénero son algúns dos temas que elixiron os rapaces para facer curtas e concienciar da seriedade destes problemas. Axudados pola súa profesora, Fe Tellado, filmaron curtas impactantes e que nos fan reflexionar. Aínda as están a rematar, por iso imos ofrecervos un avance delas. Agardamos que non vos deixen indiferentes.


Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador

Teatro en Bibliocabe: Dormente

 Dormente, de Raquel Castro é obra de teatro que están a ensaiar os nosos alumnos, dirixidos pola súa profesora, e membro do equipo da biblioteca, Pilar. Nesta divertidísima obra tentaremos resolver enigmas como esta princesa está durmida? Será que non quere espertar? Para que queren que esperte? Será para casala?.

En Bibliocabe agardamos impacientes o día da representación!!!!

Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador