Este 10 de Maio, membros de Bibliocabe tivemos o privilexio de asistir á presentación da obra de Marilar Aleixandre, As malas mulleres así como da presenza de Olga Novo. Nesta presentación, organizada pola libraría Agrasar de Monforte, a Premio Nacional de Narrativa 2022 foi quen de recuperar a memoria das mulleres reclusas no cárcere de Galera, na Coruña. Marilar falou de persoaxes reais como Concepción Arenal ou Juana de Vega pero tamén de persoaxes ficticias como Sisca que, con 15 anos foi encerrada por acompañar a súa nai a abortar.
Grazas Marilar por recuperar a voz destas extraordinarias malas mulleres!
0 comentarios:
Publicar un comentario